Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña organiza varios cursos, que darán comenzo proximamente e prepara oposicións convocadas pola Xunta

Academia A Mariña organiza varios cursos neste inicio de 2018 como atención xeriátrica, coidados de enfermeiría no maltrato infantil, primeiros auxilios ou coidados de anciáns. Os créditos serán baremables polo Sergas. Tamén se impartirán cursos de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Aquelas persoas que o realicen obterán o correspondente certificado de profesionalidade acreditado polo SEPE, que é obrigatorio para traballar en xeriátricos, centros de día ou residencias de maiores. Na Academia A Mariña haberá clases para preparar oposicións convocadas pola Xunta , como por exemplo PSX, auxiliar administrativo, celadores e auxiliar de enfermeiría. Todas aquelas persoas interesadas nesta formación ou en coñecer toda a oferta que poden atopar en Academia A Mariña poden dirixirse ao siguiente teléfono 982 58 50 98 ou á páxina web www.amarina.org

Exit mobile version