Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente supervisou as obras de construción da nova depuradora en Celeiro de Mariñaos. O rexedor barreirense agarda “poñela en servizo canto antes”

190118 Foto visita depuradora Celeiro Mariñaos 1Barreiros, 19 de xaneiro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, supervisou as obras de construción da nova depuradora en Celeiro de Mariñaos e destacou que os traballos marchan a bo ritmo.
O rexedor contou que “visitei as obras da depuradora que se está a construír en Celeiro de Mariñaos. Como xa hai uns días, falando dos presupostos para Barreiros no ano 2018, anunciábamos eses investimentos dun millón de euros, dos que a maior partida ía precisamente para esa depuradora, sobre a que nos chamaba a atención que o BNG poñía en dúbida a súa execución. Fun ver como van eses traballos, que marchan a bo ritmo e esperamos poñela en servizo canto antes”.
Fuente Parga subliñou que “é a depuradora que nos vai permitir tratar moita máis cantidade de auga e precisamente para encher máis rápido ese depósito que tamén construímos novo en San Caetano, sempre para mellorar o servizo de abastecemento de auga”.

Exit mobile version