Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz estreará en Fitur unha nova imaxe de promoción turística

Foto edición pasada Fitur 2017Alfoz, 15 de Xaneiro de 2018. A Feria Internacional de Turismo FITUR contará, un ano máis, coa participación do Concello de Alfoz. Unha delegación do concello, formada polo Alcalde, Jorge Val, e o responsable da Area de Cultura e Turismo, Xabier Pardiñas, participarán nos actos desta 38ª edición, na que se estreará a nova imaxe da campaña de promoción turística iniciada o ano pasado baixo o eslogan “Alfoz, fortaleza entre a serra e o mar”. Ademáis da nova imaxe, tamén se estrearán novos folletos promocionais e unha nova versión da APP “Caminos de Alfoz”. “O novo folleto trata de amosar o noso patrimonio histórico-artístico e paisajístico”, indica Xabier Pardiñas, incluíndo a nova ruta entre a Fervenza do Escouridal e a Pena Abaladoira. Alfoz estará arroupando a campaña do xeodestino da Mariña Lucense, pois “ debemos traballar en conxunto xa que, tanto no turísmo coma noutros eidos, pensar en localismos é pensar pequeno. Ao fin e ao cabo os recursos turísticos son patrimonio de todos”, opina Pardiñas.
A presentación a de “A Mariña Lucense, mágica por naturaleza”, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, será o vindeiro xoves 18, ás 17:00 horas, no stand de Galicia situado no pavillón 9 do recinto feiral Ifema.

Exit mobile version