Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano e Patricia Otero acompañaron aos xubilados que este luns se concentraron diante da casa do Concello para denunciar a escasa suba das súas pensións por parte do goberno estatal

150118 Foto concentración xubilados BurelaBurela, 15 de xaneiro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, acompañaron a un grupo de xubilados que hoxe se concentraron diante da Casa do Concello para denunciar a escasa suba das pensións neste 2018 por parte do goberno estatal.
O rexedor dixo que “as pensións ultimamente vese que hai dúbida e preocupación sobre se as vai seguir habendo ou non, e ademais no día a día compróbase que non son suficientes para facer fronte aos gastos derivados da vida normal. E por tanto houbo esa manifestación reivindicativa e fixemos un acto solidario con eles porque queremos que cambie a expectativa sobre as pensións. Ten que haber garantía e confianza e desde logo que non vexan que cada ano que pasa redúcese moito máis a súa capacidade de poder chegar a final de mes con garantías”.
Para Alfredo Llano “hai que darse conta que soben un 0,25%, pero o IPC dá unha subida do 2 por cento, o cal quere dicir que perden moito poder adquisitivo e aparte a cantidade de circunstancias que derivan da vida ordinaria das mercas do produtos, da electricidade, dos teléfonos, etc…; e encima teñen pagar os medicamentos nas farmacias. O sexa que hai unha serie de circunstancias coas que se ve claramente que non se está prestando a atención que se debe con respecto aos xubilados”.
O alcalde de Burela engadiu que “este foi o primeiro acto e seguramente haberá máis para chamar a atención sobre este tema”.

Exit mobile version