“O mal estado dos edificios supón un risco real para calquera que transite esta zona, polo que dende o Bng Viveiro instamos ao Concello a adoptar unha solución inmediata. Tal e como se detallou na proposta que presentamos o pasado 29 de decembro de 2017”, recalcou Seve Salgueiro durante a súa intervención ante a veciñanza asistente ao acto.
A organización nacionalista agarda que o goberno municipal do PSOE tome conciencia desta situación de perigo á que se ve exposta diariamente a veciñanza e transeúntes, escoite as demandas das súas veciñas e veciños e, agora que aínda está a tempo de evitar que o avanzado estado de deterioro destes inmobles poda provocar un tráxico suceso, poña en marcha as pertinentes medidas de seguridade nestas zonas de forma inminente.