Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro formaliza a entrega ao Concello de Alfoz dun tractor con desbrozadora para labores medioambientais

310118 Tractor AlfozAlfoz, 31 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, formalizou co alcalde de Alfoz, Jorge Val, a entrega dun novo tractor con desbrozadora financiado pola Consellería do Medio Rural cunha achega de 90.000 euros.

Balseiro explicou que a consellería demostra así a súa aposta polo municipalismo e apoio ao rural, xa que por unha banda se trata de facilitar aos concellos a execución das súas competencias, como son o mantemento libre de maleza das faixas vexetais de determinadas parcelas da súa titularidade e, pola outra, as operacións de roza garanten unhas infraestruturas rurais en óptimas condicións e con menor risco de incendios.

Esta medida súmase a outras que xa viña aplicando a consellería como o convenio marco de colaboración cos concellos para a prevención e defensa contra os incendios forestais e polo que as entidades locais poden dispor de motobombas e brigadas municipais.

Exit mobile version