Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata de Reis en Alfoz

IMG_4896[1]A Asociación Cultural O Castelo en colaboración co Concello de Alfoz organiza este venres 5 de xaneiro a cabalgata de reis en Alfoz. O séquito sairá da Casa da Cultura ás 16:10 e fará as seguintes paradas: Igrexa das Oiras (16:30 horas), Igrexa do Pereiro (16:45 horas), Capela do Santiago (17:05 horas), Pinguela (17:15 horas), Reirado (17:30 horas), Vilaude (17:45 horas), Igrexa de Bacoi (18:00 horas),
Trece (18:10 horas), Igrexa de Carballido (18:20 horas), Igrexa Adelán (18:35 horas) e A Seara (18:45 horas). O percorrido ten previsto finalizar no Castelo de Castro de Ouro sobre as 18:55 onde se recreará un Belén Vivinte e darase unha chocolatada. O Concello de Alfoz desexalles un feliz e própero 2018.

Exit mobile version