Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebración do “día da paz” no Colexio Martínez Otero

IMG_20180126_110955Este venres, día 26 de xaneiro, celebraremos no Colexio Martínez Otero de Foz, con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, o “Día da Non Violencia e a Paz”. Nesta data, que para nós é cada día do ano, facemos fincapé na necesidade de que a educación sexa un dos mellores mecanismos para a transmisión de valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Nesta xornada, lúdica e festiva, realizáronse unha serie de actividades adaptadas a todos os niveis: celebramos unha Eucaristía pola Paz, limos un manifesto elaborado polo alumnado, ceibamos as pombas da paz, lanzamos ao mundo a nosa mensaxe de paz guiada por un feixe de globos, fixemos un xogo colaborativo desde Primaria ata a ESO etc. Para rematar esta xornada, xa pola tarde, os diferentes ciclos do Colexio visionaron unha película onde os valores e as mensaxes de paz e tolerancia eran os protagonistas.

Exit mobile version