Site icon Crónica3.com A Mariña

Clasificación Galicia Sub19 con brillo burelista

sub19-cuenca18Burela 15-1-18. O Futuro Laranxa respondeu con presencia e resolución na clasificación de Galicia Sub19 para a final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas. Xunto á titularidade de Luismi Nieto baixo paus, na fase previa disputada en Cuenca a semana pasada, tamén destacou a participación de Christian Rivas ‘Pitero’, asinando 5 tantos, e Néstor Valle ‘Nito’.

O meta laranxa compartiu o cinco inicial con Nito no envite inicial, con 2-8 sobre Ceuta, abrindo o marcador Pitero no minuto 15. Fronte a Castela-A Mancha, o binomio laranxa titular foi Luismi-Pitero, con 2 dianas do burelao, co 0-2 e o definitivo 2-5. O combinado irmandiño selou o pase á final con empate ante Canarias (4-4) e de novo dobrete artilleiro de Pitero, con 1-0 e 2-0.

Exit mobile version