Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG: Plan de emprego de Burela. “Cando se goberna a golpe de prensa compre dar datos”

Burela 20-1-18. En setembro de 2015 o goberno socialista de Burela falaba dun plan de emprego e a súa posta en funcionamento. Neste senso CxG quere denunciar publicamente a incompetencia do señor Llano en materia de fomento de emprego e a súa frivolidade falando de este tema, un plan de emprego ten que ter vixencia no tempo, seguimento do itinerario profesional e un estudio para saber a calidade e o éxito de este plan de emprego. O PSOE o que fai e subvencionar uns postos de traballo, para baixar o paro durante tres meses e vender a xestión, o PSOE de Burela negocia con miseria.
Xa denunciamos no seu día que este goberno para o seu primeiro plan de emprego destinou 0,05 € por parado burelés por día. Seguimos coa mesma acción política, anuncio na prensa, subvención miserenta e traballo precario esa é a política socialista.

Pedimos publicamente o Sr. Alcalde e ó equipo de goberno de Burela que faga públicos os estudos, perceptivos de calquera plan de emprego, sobre colocación , calidade do emprego creado, itinerario profesional e incidencia na taxa de dependencia do Concello das persoas que pasaron polos planos de emprego do Concello. Ou acaso non se fixo este traballo?

Recomendamos ó Partido Socialista “obrero” español de Burela que non xogue con temas tan delicado como o desemprego, moitas familias o están a pasar mal para que persoas que cobran do público se permitan vender fume e facer propaganda.

Luís Rubal Garcia
Portavoz de CxG en Burela

Exit mobile version