Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela celebrarase do 15 ao 22 de xaneiro un cursiño para axudar a acadar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras. está organizado pola concellería de inmigración e cooperación

Burela, 11 de xaneiro de 2018. O programa de atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un cursiño informativo para axudar a acadar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras. Terá lugar do 15 ao 22 de xaneiro no Concello de Burela. A acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo.
A edil Angélica Gómez sinala que “unha novidade no novo regulamento de estranxeiría é a da emisión dos informes de esforzo de integración que poder ser válidos para as renovacións de autorizacións, avaliándose especialmente o esforzo de integración na persoa estranxeira acreditando a asistencia ás accións formativas de coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatutarios de Galicia, dos valores da Unión Europea, así como dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres”.
O cursiño terá unha duración de 24 horas e será impartido do 15 ao 22 de xaneiro no Concello burelés. As persoas interesadas a acudir poden obter máis información na propia Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.

Exit mobile version