Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado preséntanse no Concello os videos realizados para promocionar a riqueza xeolóxica de Burela. Ramiro Rernández Rey convida á veciñanza a asistir a ese acto, que terá lugar ás 12 do mediodía

Foron feitos ao abeiro do proxecto Entre arcos e cantís, no que participan Burela, Cedeira e Ribadeo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, manifestaba esta mañá desde Fitur que “imos facer unha presentación oficial dos vídeos que fixemos con motivo do proxecto Entre arcos e cantís, que é un proxecto conxunto entre Burela, Cedeira e Ribadeo. Quedaron moi ben, son moi ilustrativos do que queríamos ensinar das zonas xeolóxicas de Burela”. O edil burelés convida “a todos os veciños e veciñas que queiran velo a que asistan á presentación e alí tamén lles vamos explicar un pouquiño en qué consiste todo o proxecto e o que se vai facer a partir de agora. Vai ser mañá no salón de plenos do Concello de Burela ás doce da mañá”.

Exit mobile version