Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que aproveite as subvencións para a limpeza e mellora de camiños rurais, reparen os aparellos de ximnasia que hai entre Llas e Peizás e arranxe o valado da pista polideportiva do centro social de Nois

Foz a 31 de Xaneiro de 2018. ROGOS

•Rogamos que se aproveite a resolución do DOGA do 15/01/2018 para solicitar subvencións para a limpeza e melloras de camiños rurais.
•Rogamos que se reparen ou substitúan os aparellos de exercicios físicos que hai no paseo de Llas a Peizás.
•Rogamos que arranxen a valla exterior da pista polideportiva do local social de Nois, xa que ten varios postes rotos e oxidados, co conseguinte perigo pos usuarios/as.

PREGUNTAS

•¿Cando ten pensado vostede, dar a charla informativa das obras da avenida Álvaro Cunqueiro aprobada en pleno e solicitada polo noso grupo en varias ocasións?
resposta- “O mais seguro despois do entroido”.

•¿Que medidas tomou o equipo de goberno sobre o mantemento e melloras da aula da natureza, tamén aprobadas en pleno en repetidas ocasións?
resposta- “A dona das aves sentiuse ofendida coa decisión da oposición e pediu a devolución destas. Unha vez resolta e sen animais retomaremos o peche das instalacións e adecentaranse de novo a zoa como parque. Esa é a intención do equipo de goberno”.

•¿Fíxose algunha xestión sobre as melloras necesarias para o cruce da Corredoira?
resposta- “Fomento ten notificación da problemática de tal cruce e a intención é de facer una micro-rotonda tanto aí como en Cangas”.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.

Exit mobile version