Site icon Crónica3.com A Mariña

II congreso de Imaxe Persoal no IES Perdouro

CARTEL_bueno-001Burela 26-1-18. O vindeiro luns 29 de xaneiro de 8:30 h. a 14:00 h. terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persaol. Esta ano o “II congreso de Imaxe Persoal” leva por título Adaptándose ao presente e ao futuro. Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT.

O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada O Impacto do cancro na imaxe persoal. Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade.

A segunda conferencia Cirurxía de trasplante de cabelo coa técnica FUE será impartida por Javier Rouco Martínez, Xefe de Departamento do Ciclo de Imaxe Persoal do centro. O trasplante de cabelo coa técnica FUE (Follicular Extraction Unit) é un trasplante dos máis avanzado para tratar calvicies e alopecias tanto en homes como mulleres. É unha técnica de microinxerto capilar para unha redistribución sistemática dos folículos pilosos que consiste na introducción de pequeños inxertos de coiro cabeludo.

Exit mobile version