Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicio de obras en Rego da Fonte, Celeiro, e corte de tráfico

Viveiro 18-1-18. O vindeiro luns, 22 de xaneiro de 2017, comezarán as obras de pavimentación e servizos na rúa Rego da Fonte, en Celeiro. O proxecto destas obras contempla a actuación integral no devandito vial que cos seus 175 metros de longo discorre dende a Iglexa parroquial ata a rúa Lavandeiras. Ademais o proxecto contempla a actuación en 30 metros doutro vial que acomete de forma perpendicular a este e denominado Camiño da Fonte.
As obras que se van a levar a cabo consisten en:
•Reposición da rede de evacuación de augas residuais.
•Reposición da rede de pluviais.
•Aumento da sección da rede de subministro de auga potable, e así garantir o bo servizo da instalación.
•Dotación da canalización para soterrar a instalación de telefonía, e así liberar as fachadas de cableado grampado, así como os cruces e interseccións de viais.
•Dotación da canalización para soterrar a instalación eléctrica que discorre polas fachadas ao igual que a de telefonía.
O cableado tanto de telefonía como o eléctrico, ademais de desmellorar a imaxe global do entorno, cruzan a rúa, e en determinadas zonas está demasiado baixo, o que ocasiona en determinados puntos certos impedimentos para a circulación de vehículos de gran porte.
•Demolición do pavimento actual formado por soleira de formigón.
•Reposición do pavimento diferenciando a zona peonil da de tráfico rodado.
– A zona de tránsito peonil desenvolverase con plaqueta hidráulica de formato 30×60 cm sobre soleira de formigón armado de 15 cm de espesor.
– A zona de tráfico rodado desenvolverase con soleira de formigón armado de 20 cm de espesor
•Dotar de mobiliario urbano mediante a disposición de papeleiras.
Estas obras, cun orzamento de contrata de 190.000 euros, son subvencionadas pola Deputación de Lugo a través do Plan Único 2017.
Con motivo destes traballos, a partir do luns e durante o tempo de duración da obra, cortarase o tráfico da Rego da Fonte; o corte realizarse de forma progresiva segundo vaian avanzando as obras ao longo da rúa.
O corte de tráfico realizarase dende a Igrexa cara abaixo e nos primeiros días está previsto que a rúa permaneza cortada ata a altura da Fonte, aumentando o tramo cortado ao tráfico segundo vaia avanzando a obra.
Durante a execución das obras, os residentes poderán acceder aos garaxes situados antes do punto no que se estea a executar a obra nese momento, debendo acceder en sentido contrario ao estipulado e extremando as precaucións ante a posible presenza de maquinaria de obras. Así mesmo, durante a execución das obras queda prohibido o estacionamento nesta rúa.
Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Exit mobile version