Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP de Viveiro para apoiar e defender a prisión permanente revisable

En Viveiro, a 16 de xaneiro de 2018. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Lei Orgánica 1/2015, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro do Código Penal, e que entrou en vigor o 1 de xullo de 2015, introduciu na nosa lexislación a prisión permanente revisable.

Tratase dun instrumento que existe en moitos países da nosa contorna, en gobernos de todo tipo de corte político; é unha institución coherente que se incorpora ben o noso modelo de garantías e ten perfecto encaixe penal.

A prisión permanente revisable, sinalao claramente a Exposición de Motivos desta Lei, non renuncia á reinserción do penado, pois unha vez cumprida unha parte mínima da condea, “un Tribunal deberá valorar novamente as circunstancias do penado e do delito cometido e poderá revisar a súa situación persoal”.

A previsión desta revisión xudicial periódica da situación persoal do penado, idónea para poder verificar en cada caso o necesario pronóstico favorable de reinserción social, dice a Exposición de Motivos, “alonxa toda dúbida de inhumanidade desta pena, ó garantir un horizonte de liberdade para o condeado”. Unha vez cumprido o tempo mínimo da pena, “si o Tribunal considera que non concurren os requisitos necesarios para que o penado poida recuperar a liberdade, fixarase un prazo para levar a cabo unha nova revisión da súa situación; e si, polo contrario, o Tribunal valora que cumpre os requisitos necesarios para quedar en liberdade, establecerase un prazo de liberdade condicional no que se imporán condicións e medidas de control orientadas tanto a garantir a seguridade da sociedade, como a asistir ó penado nesta fase final da súa reinserción social”.

Añade a Exposición de Motivos que “a pena de prisión permanente revisable non constitúe, por elo, unha sorte de «pena definitiva» na que o Estado se desentende do penado. Ó contrario, tratase dunha institución que compatibiliza a existencia dunha resposta penal axustada á gravidade da culpabilidade, coa finalidade de reeducación á que debe ser orientada a execución das penas de prisión”.

Igualmente sinala que “tratase, en realidade, dun modelo extendido no Dereito comparado europeo que o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns ten considerado axustado á Convención Europea de Dereitos Humán, pois declarou que cando a lei nacional ofrece a posibilidade de revisión da condea de duración indeterminada con vistas a súa conmutación, remisión, terminación ou liberdade condicional do penado, isto é suficiente para dar satisfacción ó artigo 3 deste Convenio.

Pese a todo o dito, varios grupos parlamentarios presentaron recurso de inconstitucionalidade, recurso que o Tribunal Constitucional admitiu a trámite en xullo de 2015. A admisión a trámite non supón pronunciamento algún sobre o fondo do asunto, si ben algúns pretenden a derogación desta medida sin esperar ó pronunciamento do Tribunal Constitucional.

Así, o 4 de outubro de 2016 o Pleno do Congreso dos Diputados debatía e aprobaba por maioría dos Grupos Parlamentarios Vasco (EAJ-PNV), Socialista, Esquerra Republicana, Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, Mixto e a abstención de Ciudadanos, e so co voto en contra do Grupo Parlamentario Popular, a Proposición non de Lei para a Derogación da Pena de Prisión Permanente Revisable.

Máis recientemente, o pasado 10 de novembro, era admitida a trámite unha Proposición de Lei de Modificación da L.O. 10/1995 do Código Penal, que pretende derogar a prisión permanente revisable e que contou co único voto en contra do Grupo Popular.

Tras estos feitos e actuacións, son multitude os cidadáns que teñen manifestado o seu apoio á pena de prisión permanente revisable como medio para garantir a seguridade e os dereitos e liberdades de todos os españois.

Por todo isto o noso Grupo propón ó Pleno da Corporación para a súa aprobación os seguintes acordos:

ACORDOS

O Concello de Viveiro manifesta:

PRIMEIRO.- O seu apoio á figura da prisión permanente revisable incorporada ó ordenamento xurídico español pola Lei Orgánica 1/2015, de 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal.

SEGUNDO.- Instar ós diferentes Grupos Parlamentarios con representación no Congreso dos Diputados a que reconsideren a súa postura sobre a derogación da prisión permanente revisable.

TERCEIRO.- Dar traslado destes acordos ó Ministro de Xustiza, ós Grupos Políticos do Congreso e o Senado, ós grupos do Parlamento Autonómico de Galicia, así como á Xunta de Goberno da FEMP.

Exit mobile version