Site icon Crónica3.com A Mariña

O 22 de xaneiro haberá na Aula Cemit de Burela unha charla sobre telefonía móbil, facturación e reclamacións

Charla Telefonía BurelaSegundo explican desde a Aula CeMIT do Concello burelés “o Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha charla informativa, orientada para todos os públicos, tratará temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais. Nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc. Tamén analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e como realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo”. E engaden que “as persoas interesadas poderán inscribirse para seguir o evento a través de vídeo conferencia que se emitirá na Aula CeMIT do Concello de Burela”. A charla desenvolverase na Aula CeMIT.

Exit mobile version