Site icon Crónica3.com A Mariña

O 25 de xaneiro terá lugar unha xornada técnica sobre a xestión do estrés. É organizada por Acisa e está destinada a todo o público que desexe asistir

Cartel estrés AcisaRibadeo, 17 de xaneiro de 2018. Acisa organiza unha xornada técnica sobre xestión do estrés. Terá lugar o 25 de xaneiro ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. É aberta a todo o público que desexe asistir.
Na charla, que impartirá Mª del Mar Arias Matilla, psicóloga e técnica de Prevención de Riscos Laborais da Mutua Universal, abordaranse aspectos como as consecuencias do estrés, as diferenzas individuais na resistencia diante desta patoloxía, así como estratexias para afrontar a autoxestión do estrés, habilidades mentais e de comportamento, pautas de autocoidado, etc…
Desde Acisa sinalan que “nos pareceu un tema interesante a abordar despois dun mes, o de decembro, de moita actividade, de moitas compras, viaxes, xuntanzas familiares, de traballo e cos amigos. Un mes no que planificar todo isto nos pode xerar situacións de estrés, ao igual que o traballo e a rutina diarios”.
Os obxectivos desta xornada técnica, organizada por Acisa, pasan por sensibilizar aos participantes sobre a importancia de saber manexarnos ante situacións de estrés e ofrecer un marco de referencia con diferentes técnicas para afrontar o estrés, aplicables nos ámbitos profesional e persoal, coa finalidade de promocionar un estilo de vida saudable.
Desde Acisa convidan a asistir a esta charla “a asociados e asociados e tamén á poboación en xeral, porque o estrés é algo que nos afecta ou nos pode afectar a todos e todas en calquera momento. E é bo estar preparados para afrontar estas complicacións”.

Exit mobile version