Site icon Crónica3.com A Mariña

O 27 de xaneiro terá lugar un novo fin de semana tecnolóxico, organizado pola Asociación de profesores de automoción de Galicia. Será en Ribadeo e abordará a xestión de centralitas

160118 Foto Alvaro DouralAPAGA organiza un novo Fin de semana tecnolóxico, que terá lugar 27 de xaneiro nas instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo. Trátase dun curso de 8 horas de duración sobre a xestión de centralitas e no que se abordarán cuestións como os métodos de lectura e escritura, borrador de luz ultravioleta, lectura virtual, lectura parcial e completa, manexo de softwares, etc. Na cita participarán profesores de automoción, pero tamén poden facelo traballadores de empresas vinculadas coa automoción. A inscrición para participar neste novo Fin de semana tecnolóxico de Apaga está aberta. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á páxina web www.apaga.es.

Exit mobile version