Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela manterá un encontro este xoves en Santiago con enxeñeiros de Augas de Galicia para saber cómo se atopa o proxecto da nova Edar

O alcalde, Alfredo Llano, desprazarase o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, a Santiago de Compostela para manter unha xuntanza cos enxeñeiros de Augas de Galicia que están a realizar o proxecto da nova Edar. O encontro terá lugar ás 12 do mediodía. Llano explicou que “queremos coñecer de primeira man cómo está todo este tema. Sabemos que o proxecto está avanzado, ao igual que están as conversas que mantivemos con Portos e con Costas”. O rexedor engadiu que “agora está por ver a tecnoloxía que se pode empregar nesta nova Edar, que estará situada no porto burelés”.

Exit mobile version