O edil fixo unha valoración moi positiva con respecto a este curso “no que xa fun dar unha charla onde expliquei a política turística que estamos a facer dende a área de Turismo que dirixo e na que puiden comprobar o interese que está a espertar entre a xente que quere dedicarse ao mundo do turismo, como poden ser os alumnos deste curso”.
Fernández Rey explicou “a raíz desa charla que mantiven con eles, e despois do interese mostrado tanto pola responsable do curso como dos propios alumnos, dende a Concellería fixemos as xestións para facer posible que os alumnos visitaran e coñeceran máis de preto tanto o barco museo Reina del Carmen, como as áreas xeolóxicas de interese internacional que temos en Burela, xa que entendemos que dar a coñecer estes recursos, e máis entre os profesionais que queren dedicarse ao turismo, é unha cuestión moi importante e necesaria para que Burela siga a medrar neste ámbito, tal e como está a facer nos últimos anos”.
O concelleiro de Turismo quixo destacar “as achegas que estes alumnos me fixeron chegar, e tamén a valoración positiva que realizaron do traballo que a Concellería que dirixo ven facendo nos últimos anos, cousa que me congratula tanto a min como ao equipo de goberno de Burela”.
Por último, Ramiro Fernández Rey quixo “desexar que os alumnos e alumnas deste curso poidan facerse un oco no mercado laboral que vai a ofrecer o turismo nesta comarca da Mariña, xa que entendo que vai ser un sector moi puxante e que debemos de aproveitar para ofrecer posibilidades laborais á xente formada e con interese nesta materia, como son os alumnos deste curso, que entendo son moi necesarios para conseguir un sector preparado e robusto para que os nosos visitantes sexan atendidos dunha maneira profesional”.