Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo asinou un convenio coa empresa de telecomunicacións R, que permitirá aos veciños da urbanización de Río Cobo mellorar a conexión a internet

290118 convenio Internet Fibra ópticaCervo, 29 de xaneiro.- O Concello de Cervo asinou un convenio coa empresa R Cable e Telecomunicacións Galicia, S.A., que permitirá aos veciños de Río Cobo que así o desexen, mellorar a conexión a internet nas súas vivendas.
O acordo consiste na autorización do uso das canalizacións do alumeado municipal para a instalación de cable de fibra óptica, que permite navegar por internet a maior velocidade nas zonas que dispoñan de redes con esta tecnoloxía, como será proximamente Río Cobo.
O rexedor, Alfonso Villares, que estivo hoxe en Río Cobo co edil de Obras, Plácido Pérez, e co alcalde pedáneo da zona, Antonio Gallego, sinalou que “o noso obxectivo é tentar ofrecer os mellores servizos posibles aos nosos veciños, e con esta autorización aqueles que viven neste caso en Río Cobo, terán a posibilidade de mellorar notablecemente as súas conexións a internet, unha ferramenta fundamental a día de hoxe”.

Exit mobile version