Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo fixo entrega dos trofeos aos mellores equipos do XXIII campionato de tute no que participaron máis dun cento de xogadores

Río de OuroCervo, 20 de xaneiro.- O Concello de Cervo fixo entrega dos trofeos aos mellores equipos do XXII Campionato de Tute no que participaron máis dun cento de xogadores.
A liga, con enfrontamentos de ida e volta, prolongouse durante dous meses, dende o 24 de outubro ata o 21 de decembro.

As partidas xogáronse nos diferentes locais hostaleiros do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.

Os establecementos escenario desas partidas foron O Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o Camarote.

Conformáronse un total de 10 equipos polo que máis de 100 persoas participaron na competición, entre as parellas titulares, e os reservas; chegando así a acadar esa cifra récord da historia do campionato; “un dos torneos máis antigos da provincia de Lugo, que non ten outro obxectivo que o de pasar un bo anaco xogando ao tute entre amigos”; sinalou o edil de Deportes, José Ramón Soto, durante a entrega de premios; na que estivo acompañado polo Tenente Alcalde, Plácido Pérez e polo edil de Patrimonio, Alfredo Fernández.

As partidas ou enfrontamentos realizáronse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta.

Proclamouse vencedor do campionato o equipo do Telvi´s, con 128 puntos; seguido do do Río de Ouro, con 123; e das Titas, que foi o terceiro clasificado con 118 puntos. Estes tres foron premiados cun trofeo de cerámica de Sargadelos; ao igual que a parella “pichichi” da competición formada por Adrián e Antonio, do equipo Telvi´s.

O resto dos participantes recibiron un agasallo por parte do Concello de Cervo.
A clasificación xeral quedou da seguinte maneira:

• Telvi´s Place: 128 puntos
• Río de Oro: 123 puntos
• As Titas: 118 puntos
• O Camarote: 117 puntos
• O Castelo: 109 puntos
• O Trasgo: 109 puntos
• Mesón da Ría: 107 puntos
• A Cerve: 92 puntos
• Atxuri: 90 puntos
• O Almacén: 87 puntos

O Torneo, organizado polo Concello de Cervo, conta coa inestimable e desinteresada colaboración de Félix Fernández Gómez, que leva á fronte do mesmo dende o seus inicios.

Exit mobile version