A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza representacións teatrais para o 13 de xaneiro, sábado, en tres localidades do municipio. En Vilaronte, o grupo Pico do Castro representará a obra A miña muller volveu. Terá lugar ás 19:00 horas no local da asociación cultural O Castro de Vilaronte. Na parroquia de Nois o grupo de teatro A Adala presentará a obra Ola Doutor. Dará comezo ás 19:00 horas no centro social A Saira. Tamén ese sábado 13 de xaneiro, en Marzán o grupo O Centiño porá en escena a obra Zume de Amorodos. Será ás 20:00 horas no local da Antiga Báscula.