Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación concede axudas de 485.000 euros a 258 clubs e entidades deportivas da provincia

Lugo, 13 de xaneiro de 2018. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe a listaxe de beneficiarios das axudas de concorrencia competitiva que ofrece o organismo provincial a través da Área de Deportes. Son un total de 258 clubs e entidades deportivas de 49 Concellos da provincia, que reciben 485.000 euros.

A distribución dos beneficiados e do orzamento por liñas de actuacións é o seguinte:

– 205 entidades e clubs deportivos reciben un 400.000 euros para sufragar gastos pola súa actividade competitiva. Por exemplo, de arbitraxe, transporte, federativos (pola consecución de licenzas, seguros…) ou canons derivados da participación nunha competición deportiva oficial.

– 116 entidades e clubs deportivos reciben 85.000 euros para sufragar a organización de eventos deportivos puntuais.

A distribución por comarcas deste investimento do Goberno Provincial é a seguinte:

– Na Comarca da Mariña beneficiáronse 72 asociacións, distribuídas en 16 Concellos, e que supuxo un investimento de 138.840 euros.

-Na Comarca de Chantada achegáronse 38.925 euros para a programación de 13 clubes, celebradas en 6 Concellos.

– Na Comarca de Lugo investíronse 144.156 euros para 83 asociacións en 6 Concellos.

– Na Comarca da Terra Chá foron 44 asociacións as beneficiadas cun investimento de 74.793 euros, distribuídos en 8 Concellos.

-Na Comarca de Lemos cunha achega de 42.847 euros, distribuídas en 4 Concellos, foron destinadas a 22 entidades da zona.

– Na Comarca de Sarria 16 asociacións obtiveron un total de 25.039 euros para 5 Concellos.

– Na Montaña Lucense investíronse 17.230 distribuídos en 3 Concellos das que se beneficiaron 8 entidades para realizar os seus proxectos.

Exit mobile version