Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno da Deputación inviste 1,3 millóns de euros na mellora de estradas e dotacións públicas de 10 Concellos

DSC_0002Lugo, 19 de xaneiro de 2018. O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, avanzou que o Executivo Provincial aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento de 1,3 millóns de euros para mellorar infraestruturas e dotacións públicas aos veciños de 10 municipios. Martínez Núñez explicou que son 1,2 millóns de euros para mellorar acondicionar 24 quilómetros de 7 estradas que discorren por 4 municipios e outros 106.000 euros para melloras en accesos rurais, alumeados públicos ou rúas doutros 6 municipios. Deste xeito, o Goberno da Deputación aprobou as seguintes melloras:

– 10 quilómetros de 2 estradas en Cervantes: a LU-P-1401, de Doiras ao Límite provincial de León, e a LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira a Vilaquinte.

– 3,1 quilómetros de 2 estradas no Incio: a LU-P-2503, do Incio por Vilarxoan á LU-P-5603, e a LU-P-2506, da LU-P-5711 en Saa por Balbón a Pacios.

– 5 quilómetros da LU-P-0609, de Vilamar (LU-133)-Gondán-Cruce da Insua, en Barreiros.

– 5,5 quilómetros de 2 estradas na Pastoriza: a LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, a Lindín, e a LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña a Muiñonovo.

– Mellora de accesos dos núcleos Armesto, Feira Vella; ademais de melloras en eficiencia enerxética nas rúas Valgamarína, Caldeiro e Campo do Pacio, en Becerreá

– Melloras na Rúa Estación, en Burela

– Mellora de accesos nos núcleos de Castelo de Frades, Rionaval e Airoá, en Cervantes.

– Rehabilitación de camiños en Zanfoga, en Cervantes.

– Reforzo do firme en Camiño Real – Núcleo urbano de Celeiro, en Viveiro

– Melloras no camiño de Regosanguento, en Palmeiro, Xove.

Exit mobile version