Vidal Baamonde subliñou que “contaremos cun espazo propio no que vamos a estar promovendo a provincia e os seus produtos e citas gastronómicas, a través de material informativo e degustación de alimentos típicos lucenses, entre os centos de persoas que reúne este evento. Para isto, previamente puxémonos en contacto cos 67 Concellos da provincia, cos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, cos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén coas Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia. Tamén terán presenza as Reservas da Biosfera”.
O Deputado de Turismo explicou que se “trata dunha grande oportunidade para dar a coñecer Lugo e os produtos de calidade cos que contamos entre as diferentes empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións participantes de España e Portugal, que alí se congregan e que agardamos convencer para que nos veñan a visitar e gozar dun lugar único como é a nosa provincia”.