Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns, 22 de xaneiro, darán comezo as obras de asfaltado nun treito da Avenida da Mariña. Ramiro Fernández anuncia que eses traballos continuarán despois por outras rúas da vila

Burela, 19 de xaneiro de 2018. O vindeiro luns, día 22, darán comezo os traballos de asfaltado nun treito da Avenida da Mariña. Tamén haberá obras similares en Pardo Bazán, Concepción Arenal, Vilar e Beiramar. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, pide paciencia e desculpas polas molestias que se poidan ocasionar a veciños e veciñas.
O edil burelés anunciou que “a partir do luns está previsto que empecemos a facer uns novos asfaltados que tíñamos pendentes de realizar. Son unhas obras moi necesarias que van comezar pola Avenida da Mariña, que é unha das rúas que se vai mellorar. Vai estar o tráfico máis complicado por esa zona mentres se estean facendo os traballos, polo que lles pedimos paciencia aos veciños e que intenten non deixar os coches estacionados na zona da Avenida da Mariña este luns”.
Fernández Rey contou que “os asfaltados van seguir noutras rúas, como un tramo de Pardo Bazán, en Concepción Arenal, tamén nun cruce que está bastante deteriorado na zona de Vilar e na rúa Beiramar. Estes traballos en principio van levar sobre dúas semanas. Intentaremos que as molestias que causen sexan as mínimas posibles”.

Exit mobile version