Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo celebra unha cea de afiliados e simpatizantes este venres. Participarán cargos do partido como Pedro Puy, Elena Candia, José Manuel Balseiro, Raquel Arias, Jaime de Olano e Daniel Vega

Ribadeo, 18 de xaneiro de 2018. O Partido Popular de Ribadeo celebrará unha cea de afiliados e simpatizantes mañá, venres. Neste evento participarán cargos do partido como Pedro Puy, Elena Candia, José Manuel Balseiro, Raquel Arias, Jaime de Olano e Daniel Vega.
O presidente do PP ribadense, Jesús López Penabad, explicou que “pasado o Nadal, cando todo volve á normalidade, desde o Partido Popular de Ribadeo organizamos a cea que facíamos todos os anos por esas datas. Será este venres 19 ás 21:30 horas no restaurante Voar, de Ribadeo, para afiliados, simpatizantes e todas as persoas que queiran acompañarnos. Teremos a honra de que participen nesta cea o portavoz do grupo parlamentario popular de Galicia, Pedro Puy Fraga; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a secretaria da mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias; o deputado no Congreso Jaime de Olano e o parlamentario autonómico da Mariña, en concreto de Ribadeo, Daniel Vega”.
Jesús López Penabad engadiu: “o que queremos é pasar unha velada agradable nesta reunión cos afiliados e simpatizantes arredor dunha mesa para seguir intercambiando opinións”.

Exit mobile version