Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Foz estará presente na Manifestación a prol da defensa da Sanidade Pública do domingo 4 en Santiago

Foz 31-1-2018.- O PSOE DE Foz asistirá a manifestación en defensa da Sanidade Pública e para rexeitamento do anteproxecto da Lei de Saúde que quere impor o goberno da Xunta, deste domingo en Santiago. Unha Lei que vai afectar moito ao funcionamento do noso Hospital da Costa xa que imos depender directamente de Lugo.

Os socialistas de Foz rexeitamos os recortes sanitarios que leva imposto o PP dende a súa chegada ao gobernos autonómico e central. A ampliación do Hospital da Costa que se esta executando na actualidade é un espellismo pois salvo metros cadrados e un aparcadoiro, que posiblemente será de pago, non vai supor un incremento de servizos, nin de persoal sanitario. Si xa na actualidade diferentes patoloxías se están derivando por sistema a Lugo, ben ao Hula ben a clínicas privadas, esta Lei abre un perigoso portal a que estas derivacións aumenten.

Xogámonos moito e a contestación social pode facer dar un paso atrás a Feijóo na tramitación desa lei, reverter os recortes e recuperar a calidade perdida nos últimos anos na Sanidade Pública, polo que animamos aos veciños e veciñas de Foz e da comarca da Mariña a que asistan á manifestación nos diferentes autobuses gratuítos que parten da comarca e para aos que poden anotarse nos teléfonos 982 58 18 61, 982 14 06 54 ou 667 05 20 58 con data tope este xoves día 1.

Exit mobile version