Site icon Crónica3.com A Mariña

O vaso da piscina municipal de Cervo estará operativo o vindeiro xoves, 18 de xaneiro

130118 Reapertura piscinaO alcalde, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata a instalación para supervisar como van as tarefas de recuperación da temperatura da auga; logo de que a comezos de semana, unha avaría en Alcoa, provocase que a piscina quedara sen condensado; o que provocou o seu peche temporal.Tal e como apuntaron, tamén se aproveitou o cese de actividade para acometer algunhas tarefas de mantemento; e avanzaron “que aínda que os usuarios están a utilizar con normalidade o ximnasio e a sauna, aos socios só se lles pasará un recibo corresponde a medio mes”.

Exit mobile version