Site icon Crónica3.com A Mariña

Para CxG, a falta de polígono industrial fai necesaria unha acción política novedosa cara o mundo empresarial en Burela

Burela 16-1-18. O noso concello ven sufrindo unha continua fuga de empresas cara as instalacións industriais dos concellos limítrofes, Cervo e Foz. Son moitos os exemplos e moi poucas as accións de PP e Psoe nos distintos gobernos. Frigomar, Burelarte, Carreiras, Gres, Rega … e moitas outras trasladaron a súa actividade fora de Burela. En cada campaña todas as forzas políticas prometeron o polígono industrial, mais cando gobernan non fan absolutamente ningún trámite de carácter administrativo para esta infraestrutura.
Dende CxG entendemos que xa é tarde por iso propoñemos un camiño innovador neste eido:

BURELA TEN QUE CONTAR CON UN VIVEIRO DE EMPRESA E UN CENTRO DE NEGOCIOS.

Existen xa en Burela edificacións que poden ter esta actividade, se o Alcalde de Burela tivese un proxecto apostaría con claridade por este camiño innovador e que non ten ninguén na Mariña. CxG entende que as naves de Construcións Mon serían un excelente Viveiro de empresas para iniciar actividades os emprendedores de Burela, que non son poucos. No relativo ó centro de negocios, propoñemos que o Concello negocie a cesión da Casa do Mar, que ten dotación suficiente para facer un centro de negocios moderno no centro da vila que aproveite as sinerxías de Expomar, Produart, a presenza dos estaleiros e como non ABSA e Confraría. A Casa do mar ten capacidade para facer o centro de negocios máis atractivo de Lugo.

O problema é que o PSOE non ten un plan para Burela máis aló de musicais. Temos un Alcalde que dende a mancomunidade aposta polo turismo, cousa loable pero que non coñece Burela, a sexta localidade en prazas hoteleiras. O camiño de Burela ten que ser outro, sen esquecer o turismo pero sen transformalo no único.

Exit mobile version