A Cabalgata sairá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga de San Cibrao, ata a Casa da Cultura. Durante o traxecto As maxestades de Oriente saudarán aos que se congreguen nas rúas e repartirán caramelos que foron doados por comercios e empresas de San Cibrao.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a gozar desta Cabalgata, e tamén da de Cervo, organizada pola Asociación Airiños do Xunco, e que partirá ás 19:00 horas, das Escolas Vellas.