Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo”

Foz 19-1-18. A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o venres 26 de Xaneiro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomara a palabra o autor do volume Xosé Ramón veiga Alonso.

“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.

O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do século XIX en Galiza, cuestión ao que lle ten dedicado diversos traballos.

Exit mobile version