Burela 27-1-18. Sen dúbida un dos atractivos de identidade e tradición da Vila de Burela son as festa patronais e dentro das mesmas a procesión de baixada do sábado. As alfombras florais sempre son un atractivo e un reclamo para traer xente á vila xunto coa procesión de sentimento mariñeiro.
Ese día, principalmente a Rúa Eijo Garay, esta ateigada de xente que goza de tal tradición o que inherente-mente, produce unha situación de difícil tránsito para as persoas que queren ver as alfombras e a procesión. Especialmente as persoas de mobilidade reducida e tamén para as cadeiras das crianzas. Entendemos que isto fai necesario algún tipo de acción concreta.
Compromiso por Galicia Burela vai rexistrar no Concello e tamén enviar á Comisión de festas a seguinte petición:
•Que, o sábado das festas de Burela, durante a confección da alfombra e a procesión de baixada da Virxe se habilite por parte do Concello o que se denomina unha SENDA AZUL para uso das persoas de mobilidade reducida na Rúa Eijo Garay.
Dende CxG Burela somos coñecedores da dificultade de fácelo na totalidade do traxecto, por iso solicitamos que se faga nun tramo, como experiencia piloto, que facilite a este colectivo o poder participar dunha das tradicións máis senlleiras de Burela.
Neste caso o Concello pode pedir asesoramento ós numerosos colectivos que existen para a defensa dos dereitos das persoas con mobilidade reducida e facer un estudo das posibilidade e das posibles adaptacións.
É unha acción simple, sen prácticamente coste, que poñería a Burela na vangarda social e tamén unha pequena axuda á normalidade dos colectivos.
Compre tamén sinalar que en Burela queda moito traballo de eliminación de barreiras e o Concello non está actuando para Compromiso por Galicia isto é unha prioridade.