Site icon Crónica3.com A Mariña

115 persoas poderán participar de balde nas actividades do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares

PRESENTACIÓN ACTIVIDADES ANCARESLugo, 12 de febreiro de 2018. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades gratuítas que organiza o Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao primeiro trimestre do 2018. Trátase de 6 novas actividades, nas que poderán participar 115 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, totalmente de balde. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do vindeiro mércores 14, ás 12:00 horas, a través da páxina web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812.

Fernández Queipo subliñou que “neste primeiro trimestre do ano a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades”.

Programación das actividades
Becerreá
O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

Cervantes
O CPI de Cervantes acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, e mércores 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

Navia de Suarna
A Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de arxila para nenos. Venres 30 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 15 prazas para nenos.

Exit mobile version