San Cibrao 16-2-18. A xunta directiva emplaza para o próximo Xoves 22 de Febreiro aos seús socios para ratificalas contas e anunciar novos proxectos
A próxima semana celebrarase en San Cibrao a asamblea da Asociación de Veciños Cruz da Venta na sede do municipio cervense sito na Veiga. A cita será o xoves día 22 as 17:30 e a asamblea presentarase coma unha oportunidade para que os socios presenten as súas inquedanzas á xunta directiva presidida por Marcos González Villares. A súa vez a xunta directiva tamén presentará as súas propostas de cara a este primeiro semestre do ano, entre as cales plantexaranse distintas actividades, obradoiros e charlas formativas con profesionais de primer nivel. Cabe destacar entre estes profesionais o Dr. Jesús Barreal doutorado pola Universidade de Santiago e profesor da Universidade Complutense de Madrid e Miguel A. Fernández doble titulado en Enxeñiería Química e responsable nacional dunha multinacional de primer nivel do sector sanitario, ambos poderán falar da situación actual e o panorama que se plantexa tanto nos seus campos profesionais coma nos plantexamentos futuros de cara a sociedade. En palabras de Marcos G. Villares “é un orgullo poder contar con Miguel A. e con Jesús, xa que a parte de ser referentes nos seús campos profesionais, tamén son vecinos e amigos, que se criaron no pobo e que creceron nel. Ademáis a oportunidade é de ouro tanto para os nosos socios coma para a xente máis xoven de poder escoitar de primeira man como se pode crecer persoal e profesionalmente aproveitando o tempo e os recursos que temos ao carón”