Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, participou esta mañá na concentración celebrada ás portas do centro de saúde burelés para denunciar a supresión da área sanitaria da Mariña

070218 Foto concentracion BurelaVeciñ@s e persoal sanitario secundaron esta movilización semanal, que está convocada pola plataforma en defensa da sanidade pública. Otero lembrou que “hoxe volvemos concentrarnos en Burela tras a manifestación multitudinaria do domingo, celebrada en Santiago, e de que onte o PP no Parlamento de Galicia rexeitara a solicitude da oposición de retirar da orde do día do pleno o debate da reforma da lei de saúde galega”.

Exit mobile version