Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de inmigración e cooperación de Burela organiza un curso básico de camareiro/a de pisos dirixido a persoas estranxeiras, que será impartido do 5 ao 23 de marzo

Burela, 22 de febreiro de 2018. A Concellería de Inmigración e Cooperación organiza un curso básico de camareiro/a de pisos dirixido a persoas estranxeiras. A duración será de 50 horas e será impartido do 5 ao 23 de marzo.
Angélica Gómez explica que “o Programa de Inmigrantes do Concello de Burela vai organizar un cursiño formativo para axudar a alcanzar un bo grao de integración ás persoas estranxeiras. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo”.
A concelleira burelesa subliña que “se trata dun curso básico de camareira/o de pisos e está dirixido a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas sobre as funcións e tarefas deste sector laboral, coñecementos sobre hixiene, produtos e superficies, equipamento, técnicas e utensilios, limpeza en habitacións e outras zonas, comunicación co cliente, etc”.
A edil de Inmigración e Cooperación engade que “o curso terá unha duración de 50 horas e impartirase do 5 ao 23 de marzo. As persoas interesadas en participar ou en obter máis información poden achegarse á Casa do Concello ou chamar por teléfono ao seguinte número 982 58 06 09”.

Exit mobile version