Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputada parlamentar do BNG, Olalla Rodil, levará ao Parlamento galego o saneamento da ría de Viveiro

foto accion denuncia saneamento Ría de ViveiroViveiro 11-2-18. O Bng de Viveiro ven de desenvolver, esta fin de semana, unha acción de denuncia da situación do saneamento da ría de Viveiro no peirao de Celeiro, para reclamarlle á Xunta de Galiza a execución das obras comprometidas na precampaña electoral de 2016 de mellora da EDAR de Viveiro e da rede de saneamento de Celeiro.

@s nacionalistas de Viveiro, acompañad@s da súa deputada parlamentar, Olalla Rodil, e o deputado provincial, Antonio Veiga, convocaron á veciñanza a unha concentración na praza do Náufrago de Celeiro, na cal participaron medio cento de veciñas e veciños e diversos colectivos viveirenses.

Durante esta concentración a vicerresponsable local, Miriam Bermúdez, denunciou a situación de contaminación e degradación que sufre a Ría de Viveiro por mor da falta dun Plan de Saneamento Integral da mesma que debería ter posto en marcha hai anos a Xunta de Galicia no canto de facer parcheados ao emisario e as súas instalacións que non evitan que os vertidos de residuos á Ría sexa unha constante desde hai décadas. A Vicerreponsable local recordou as promesas electorais do actual Delegado de goberno do PP, Balseiro Orol, durante as municipais do 2010 que, xunto co actual conselleiro de educación e cultura do Ministerio en Bulgaria, César Aja, anunciaron que Feijoo ía destinar 4,5 millón para a reparación e mellora do emisario submarino . Asimesmo, engadiu que este instrumento electoral do PP, lles serviu tamén para vender, no ano electoral do 2012, un Plan de 7 millóns de euros para renovar o emisario submarino de Viveiro que nunca se puxo en marcha, ata que chegaron ao 2016, na última campaña electoral das autonómicas, onde o PP anunciou, nesta ocasión, a sinatura dun convenio de 3 millóns de euros para a rede de saneamento de Celeiro e a EDAR de Viveiro. Miriam Bermúdez, rematou a súa intervención lamentando que logo de pasados 18 meses dos 30 que, según a Conselleira de Medio ambiente anunciara como prazo total para a execución destas obras, a veciñanza de Viveiro teña que continuar á espera das obras prometidas mirando preocupados para a Ría, como soporta cada día un maior índice de contaminación e sufre un maior nível de degradación ambiental, mentras a Xunta de Galiza segue a mirar cara a outro lado, ignorando a grave repercusión económica e ambiental que está a provocar a Viveiro e a súa veciñanza o aprazamento desta obras.

Neste punto, o deputado provincial, Antonio Veiga, aproveitou para informar á veciñanza alí presente que o Presidente de Portos de Galiza trasladoulle, durante a xuntanza do Consello de Administración deste ente, mantida o día 8 de febreiro, que non era competencia nin responsabilidade súa as obras de substitución do emisario de Celeiro roto á altura do peirao e que para calquera demanda debería dirixirse ao Concello e a Consellería de Medio Ambiente, por ser os asinantes do convenio preelectoral do 2016.

O acto foi pechado pola deputada parlamentar do BNG, Olalla Rodil, que recolleu a demanda da veciñanza e do BNG de Viveiro e anunciou que levaría ao Parlamento Galego esta denuncia para instar aos responsables do PP da Xunta cumprir coas promesas e anuncios electorais para a Ría de Viveiro e esixirlles o comezo das obras de substitución do emisario de Celeiro e de mellora da EDAR de Viveiro.

Ao remate das intervencións, @s nacionalistas despregaron na entrada da ría, a altura do peirao de Celeiro, unha pancarta co lema “A nosa Ría non é un Vertedoiro”, axudados por dúas embarcacións.

Exit mobile version