Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Eu Son (Fundación para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela – A Mariña) celebra este sábado 24 de febreiro as nove e media da noite unha nova edición da súa cena baile anual

Este ano o evento ten lugar no Hotel Nordés de Burela, e conta cun menú composto por sopa e cocido galego. Este evento reúne cada ano a usuarios, familias, profesionais, colaboradores co obxectivo de recadar fondos para os proxectos que desenrola a entidade. A Fundación espera reunir a preto de 100 persoas e que a cena sexa un éxito como en anteriores edicións. O prezo da cea é de 30 € . As entradas xa están a venda na Fundación Eu Son, ou no Hotel Nordés ata o vindeiro 21 de Febreiro. A Fundación Eu Son quere aproveitar a ocasión para agradecer ós distintos establecementos que colaboran doando regalos para o sorteo que se celebra ó remate da cena.

Exit mobile version