Site icon Crónica3.com A Mariña

A pesares da neve que caeu durante este mércores en Ribadeo e das frías temperaturas que se están a rexistrar veciñ@s e persoal do centro de saúde secundaron a concentración celebrada en defensa da sanidade pública para dicir unha vez máis “non, á supresión da área sanitaria da Mariña” e previa a manifestación que terá lugar mañá pola tarde en Burela

Desde hai un tempo vense realizando esta movilización ás portas do centro de saúde de Ribadeo os mércores ás 12 do mediodía, atendendo así á convocatoria feita pola plataforma en defensa da sanidade pública. Xunto a eles estivo unha xoranda máis o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

Exit mobile version