Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Salvar a praia de Covas informa á veciñanza

Viveiro, 8 de febrero de 2018. A Plataforma Salvar a praia de Covas informa á veciñanza a medio desta nota, o seguinte:
1º.-Tendo en conta a situación actual do areal de Covas e sendo coñecedores da redacción dun estudo de dinámica de litoral que, segundo as información das que dispomos, está xa rematado desde o pasado mes de xaneiro e foi entregado en Portos de Galiza, a Plataforma SALVAR A PRAIA DE COVAS rexistrou unha solicitude neste organismo para que Portos poña en coñecimento da veciñanza, na maior brevidade posíbel, os resultados do devandito estudo.
2º.-Asimesmo a Plataforma vecinal solicitou ao Concello de Viveiro a realización de varias catas no Paseo Marítimo de Covas para poder coñecer o estado actual da cimentación co obxectivo de dar solución, do xeito máis efectivo posíbel, a deterioración deste vial e protexer as vivendas colindantes.
3º.-A Plataforma SALVAR A PRAIA DE COVAS vai seguir reclamando as melloras que, tanto o areal como o Paseo Marítimo, precisan. É tempo xa de que os que provocaron esta desfeita en Covas, presenten solución definitivas.

Exit mobile version