Site icon Crónica3.com A Mariña

A presidenta do Partido popular de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou este sábado na Convención Municipal do PP de Galicia

17022018municipal (3)Foi clausurada polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. Cargos públicos locais déronse cita no Museo de Cidade da Cultura neste encontro que se desenvolveu baixo o lema Facendo Galicia dende os Concellos. Elena Candia moderou a mesa titulada ‘Que poden facer os Concellos para acadar unha Galicia mellor?’, durante a que os alcaldes de Porto do Son, Luís Oujo; e a de Lobios, María del Carmen Yáñez; xunto ao presidente da xunta xestora que se encarga do Goberno de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; compartiron as súas experiencias e analizaron as claves sobre as que se deben mover os Concellos para acadar a mellor xestión posible que redunde no beneficio dos galegos e da comunidade.

Exit mobile version