Site icon Crónica3.com A Mariña

A Secretaria Xeral de igualdade e representantes do PP de Ribadeo reuníronse con asociacións de mulleres locais para informarlles das axudas da Xunta para estes colectivos

150218 REUNIÓN DE SUSANA LÓPEZ ABELLA NA SEDE DO PP DE RIBADEORibadeo, 15 de febreiro de 2018. A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, mantivo unha xuntanza en Ribadeo con representantes das asociacións locais de mulleres rurais e de amas de casa para falar das axudas da administración autonómica para estes colectivos, entre outros asuntos. Na reunión participaron tamén o deputado autonómico ribadense Daniel Vega e os concelleiros populares Jesús López Penabad, Juan Estévez e Rosina Tosar.
O presidente do Partido Popular López Penabad explicou: “estivemos acompañados de Susana López Abella, secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e reunímonos con representantes de dúas asociacións: coa presidenta de Amas de Casa de Ribadeo e con tres directivas de Mulleres Rurais de Ribadeo. Seguimos na liña de xuntarnos e de escoitar a todos os colectivos que queiran para, sobre todo, saber as inquedanzas e reivindicacións que nos poidan transmitir. Neste caso foi con dous grupos de mulleres e o que pretendemos, tanto desde a administración autonómica como nosoutros localmente, é poñer en valor este tipo de asociacións que nos parecen moi importantes. Son colectivos de mulleres que, tanto no ámbito rural como no casco urbano de Ribadeo, están levando a cabo numerosas accións, tanto formativas como lúdicas. Parécenos moi interesante e a secretaria xeral Susana López Abella explicoulles o tipo de axudas que poden recibir, prazos e demais, á vez que escoitou as súas demandas; foi un encontro moi agradable”.
Jesús López Penabad subliña que “hai accesibilidade total tanto da administración como, por suposto, pola nosa parte, desde o nivel local, para estar en contacto con todos aqueles que queiran”.

Exit mobile version