Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección galega de fútbol sala sub17 coñeceu algúns dos recursos turísticos de Burela

090218 Foto visita barco museoBurela, 9 de febreiro de 2018. A selección galega de fútbol sala sub17 realizou unha visita ao colexio Virxe do Carme de Burela aproveitando a súa estancia na localidade con motivo da celebración do Campionato de España que se desenvolve estes días na Mariña. Xogadoras e corpo técnico desprazáronse despois ata o barco museo Reina do Carme. O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, subliña a promoción realizada dos recursos turísticos de Burela.
O edil socialista explicou que “aproveitando o Campionato de España sub 17, que se está a celebrar estes días na Mariña, coa súa sede principal aquí en Burela, a selección galega fixo unha visita ao colexio Virxe do Carme de Burela, onde estiveron compartindo un tempo co alumnado deste centro. Houbo tamén unha firma de autógrafos e rematamos cunha foto de familia todos xunt@s”.
Fernández Rey engadiu que “tamén aproveitaron a súa estancia en Burela para facer unha visita ao barco-museo Reina del Carmen”.
O concelleiro de Deportes subliñou que “quixemos aproveitar esta ocasión para dar a coñecer os nosos recursos turísticos. Queremos agradecer á Federación Galega de Fútbol Sala que tivera a deferencia de atender ás nosas peticións, e estamos moi contentos de ter acollido á selección galega en Burela”.

Exit mobile version