
Esta viaxe estaba prevista para o pasado 4 de febreiro, pero tivo que ser aprazada a consecuencia do temporal de neve rexistrado nesas datas. A saída será este domingo ás 8:00 horas desde a Praza do Concello, e a volta terá lugar sobre as 17:00 horas desde Leitariegos. As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden recibir máis información e formalizar a súa inscrición no 661 431 536 (Adrián). As reservas realizaranse ata esgotar as prazas previstas, o Concello ten reservado un autobús.
A Concellería de Deportes de Barreiros comunica que a data e os horarios poderían modificarse segundo as condicións meteorolóxicas.