Coa intención de achegar o Entroido a todos os barrios durante a tarde deste luns a comparsa local “Os Fandangueiros” fará un percorrido por diferentes barrios do concello, bares e establecementos. As 21:30 horas dará comezo no pavillón municipal o concurso de disfraces organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz. Haberá diferentes categorias e premios: infantil, adulto, comparsas e charangas.