Site icon Crónica3.com A Mariña

APAGA organiza un curso de soldadura mig mag. Será este sábado, 24 de febreiro, en Ribadeo. A actividade enmárcase nas fins de semana tecnolóxicas que leva a cabo esta asociación

Catorce serán os técnicos de empresas da Mariña que acudirán a esta cita, que se desenvolverá nas instalacións de Talleres Cartoy. O curso, que terá unha duración de 8 horas, catro pola mañá e catro pola tarde, será impartido por Andrés Álvarez López, profesor en Avilés, que xa a fin de semana pasada ofreceu os seus coñecementos teóricos e prácticos sobre a soldadura de electrodo revestido. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “o curso da pasada fin de semana foi todo un éxito, que agardamos repetir nesta nova xornada”.

Exit mobile version