Site icon Crónica3.com A Mariña

“AS OCURRENCIAS DE RAJOY”

O ocurrente M. Rajoy di agora que aumenta as penas de prisión para protexer á sociedade, pero non aumenta as aplicables ás súas corruptos quen son hoxe a peor e máis potente lacra que temos neste país. Veulle ao xeito a corrupción catalá, que utilizou Artur Mais para despistar ao seu pobo e que D. Mariano alentou para distraernos da súa propia Todo vale ao PP para sacudirse as pulgas molestas. Ante o enquistamento do asunto catalán e o amenazante crecemento de Cidadáns presto a fagocitar os votos da dereita moderada, é preciso tocar de novo as tripas dos cidadáns para que mais cabreados volvan apoiar leis cada vez máis retrogadas, como a que permite condear a un rapaz por facerse un foto heavy con disfraz de Xesucristo cando moito peores escenas “hirientes do sentimento relixioso” vense en festas de disfraces de calquera pobo. O impudor chega ao momento de instrumentalizar ás familias das vítimas dos crimes máis horrendos para facerse a foto política. Vomitivo.
As cifras reais desmenten as mentiras do goberno, España é un dos países máis seguros e con menos incidencia de delitos de sangue, porcentualmente menos que Suecia, Dinamarca e Finlandia. Menos de 1 homicidio voluntario por cada 100.000 habitantes fronte a 1,3 da media europea +ou os 4,75 de EEUU. Con todo o número de presos é un 34% maior que a media europea porque as penas de prisión españoas son máis longas e utilízase o Código Penal para tratar problemas sociais.
Antes de que Rajoy implantara a cadea perpetua xa existía a pena máxima de 40 anos para os terroristas, suficiente que se ampliar o con eses outros delitos que tanto nos espantan.
Otero Regal

Exit mobile version